•9:02 PM
Para seguir cos temas galegos que tan de moda están no meu blog, vou falar un pouco de literatura galega, que creo que anteriormente non falei diso. Tiven a oportunidade de ler un libro chamado "O centro do labirinto", de Agustín Fernández Paz.
A historia que nos conta este autor neste caso é moi entretenida, aínda que é un libro dedicado os adolescentes. Pero manten o lector atento ao que poida pasar durante todo o rato.
Por unha banda, paréceme unha obra moi axeitada para os lectores desa edade, polo feito de que dous dos personaxes do libro teñen os mesmos anos e os seus problemas poden ser moi parecidos aos que teñan nas súas vidas. Tamén lles ensina a importancia da boa relación entre nai e fillo.
Pero por outra banda, debo facer unha crítica, que é a seguinte: a novela está situada no futuro, máis ou menos cara ao ano 2050. Supóñese que para entón, a situación de globalización extenderíase tanto que só habería unha lingua no mundo. A verdade é que neste tema, o autor deixa moito lugar á reflexión, mais non creo que un adolescente poida entender os aspectos relacionados con este tema.
Non obstante, isto pódese tomar coma un aspecto positivo. E é o feito de que pode gustar a persoas de diferentes edades.
No caso de que os alumnos do colexio tivesen que lelo, eu comentaríalles un pouco sobre este tema. Desta maneira, podería ser una lectura moi axeitada para eles.

Galiza,
Literature,
review
|
0 comentarios: