Author: Xabi Otero
•1:19 PM
Hoxe vou falar dunha película galega que vin vai algúns días, pero non tiven tempo para escribir antes.

A película é bastante nova, e trata sobre a enfermidade da esquizofrenia. A verdade é que é que me deu un pouco de medo, xa que estas patoloxías son moi perigosas. Mais iso mantívome atento toda a película. Iso sí, non a recomendo para os máis medoñentos, porque conten algunhas escenas un pouco violentas. Pero en xeral, non ten moitos problemas.

Vou rematar esta curta crítica dicindo que para ser unha película dunha comunidade autónoma está moi ben feita. Está ben interpretada, e tamén ten unha boa realización. Por tanto, recomendo esta película, aínda que non se coñeza a lingua, pois xa se sabe que o galego é parecido ao castelán, e unha persoa de España non creo que teña maior problema para entendelo.
This entry was posted on 1:19 PM and is filed under , , . You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.

0 comentarios: